Olympus: o show comeza ao final do Camiño

0
493

Orquesta Olympus - 2010 - 0063 - Parada (Ordes)

A Xira Ao final do Camiño da orquestra Olympus cérrase o día 31 de outubro despois dunha aventura moi especial / © Foto: roxegar 2010

Nas últimas edicións a orquestra OLYMPUS caracterízase por ofrecer un final de temporada onde o reto forma parte fundamental da despedida, e este ano non ía ser menos. A de Negreira ten preparado un fin de festa moi especial e nada tradicional, ou si, segundo se mire.

OLYMPUS decídese a peregrinar a Santiago de Compostela e vivir así unha das experiencias máis incribles dentro do ano Xacobeo. E é que non volverá ser Xacobeo ata dentro de 11 anos.

Desta forma, o verdadeiro show deste ano comeza Ao final do Camiño, xa que nada máis chegar a Santiago de Compostela e despois de gañar o xubileo, os compoñentes de OLYMPUS e todos os amigos que fagan o Camiño con eles, desprazaranse en autobús ata a localidade de Ordes, onde a banda subirá ao escenario da sala de festas LP45 para despedir a xira 2010. Un concerto gratuíto para todos os socios con carné de seguidor, en directo e onde se ofrecerá un espectáculo exclusivo para a ocasión.

A aventura comeza o próximo luns 25 de outubro no Cebreiro (Lugo), o lugar de onde é a avoa Carmiña. Por diante quedaranlles máis de 150 km para percorrer a pé durante 7 días para chegar a Santiago de Compostela o día 31, o mesmo día do concerto. Como explican desde a dirección da orquestra “forza, ilusión, suor e sangue para vivir outro gran reto con todos vós nesta xira 2010 que rematará, por suposto Ao Final do Camiño. Poderán os nosos pés subir ao escenario?”.

Se queres formar parte desta aventura e peregrinar a Santiago coa orquestra OLYMPUS e vivir sete días inesquecibles con novas experiencias, anécdotas, as noites compartidas nos albergues, a oportundiade de coñecerse e compartir momentos de dor e de emocións fortes como a chegada a Santiago, apúntate no teléfono 629 828 698 e recibirás toda a información que necesitas.

O show comeza ao final do Camiño, o día 31 de outubro.

Orquesta Olympus - 2010 - 0062 - Parada (Ordes)

Rodo Téllez é o peregrino dentro da historia que presentou Olympus durante todo 2010 / © Foto: roxegar 2010

Sen comentarios

Deixa una resposta a lucia Cancelar resposta


*