Cambios importantes en París de Noia 2011

4
688

Orquesta Charleston Big Band 2009 002Sergio Corral coa súa compañeira de Charleston Big Band, Rita Barreiro / © Fotografía: roxegar 2009

Comeza xa a temporada de fichaxes de cara ao novo ano 2011, e con eles os típicos rumores sobre músicos e cantantes que cambian de orquestra, formacións que se desfán, outras que mudan de escenario, etc… ao final, afortunadamente, moitos deses rumores non pasan diso, simples rumores.

E entre eses rumores algúns versan sobre posibles cambios na PARÍS DE NOIA. Desde hai xa bastantes anos hai xente que se empeña en xubilar a Blas Piñón, alma mater da orquestra noiesa; e este ano tiñan baza porque se dicía que xa había unha nova fichaxe masculina para a formación. Pois ben, confirmamos a entrada de Sergio Corral (CHARLESTON BIG BAND) pero non para ocupar o sitio de Blas senón porque a orquestra pasará a ter tres voces masculinas na dianteira.

E en canto ás voces femininas, hai unha baixa en PARÍS DE NOIA, e polo tanto unha nova fichaxe. Trátase de Vanesa Ramil, vocalista da orquestra naronesa MONTES en 2010. Estas parecen ser as “fichaxes estrela” da afamada formación musical nunha clara aposta por seguir ofrecendo un traballo de calidade.

PARÍS DE NOIA cerra temporada a terceira fin de semana de outubro; cando regrese é posible que haxa algún outro cambio no apartado musical pero para nada unha remodelación importante como algúns auguraban.

Os cambios de formación de Sergio Corral e Vanesa Rial son os primeiros confirmados dos que podemos dar constancia aquí, en Festa a Festa.

Orquesta Montes 2010 - Vanesa RialVanesa Ramil xunto con algúns dos compoñentes da orquestra Montes / © Montaxe feita sobre o afiche de Montes 2010 por roxegar

4 comentarios

Deixa una resposta a adri Cancelar resposta


*