O grupo Amistad renóvase na web

0
798

Grupo Amistad de Vigo 2010 - cartelCartel promocional do grupo Amistad de Vigo

Novidades importantes no grupo AMISTAD de Vigo con respecto da súa páxina web. Novo dominio para esta formación musical marcada por cambios importantes nesta etapa 2010 que lle dan un xiro ao popular grupo.

A baixa de históricos na banda, un novo vocalista masculino e a incorporación dunha voz feminina, por primeira vez en todos estes anos de andaina, son os cambios máis importantes en AMISTAD.

Pois as novidades continúan pero desta vez a outro nivel, o da promoción do grupo. Ao novo cartel presentado nesta temporada súmaselle agora o cambio de dominio da páxina web, que pasa de .com a .es. Ademais, tamén podemos visitar a páxina persoal da vocalista feminina, Natalia Silva, para coñecermos máis sobre a traxectoria profesional da cantante asturiana.

AMISTAD continúan na actualidade verbeneira ofrecendo un repertorio elegante e completo, con música de baile pero tamén tocando outros estilos que cada vez demanda máis a xente nova nas verbenas. Desexámoslles moitos máis anos de bo traballo e que continúen no camiño do bo facer musical.

Sen comentarios

  1. Hoxe deixounos unha das grandes voces de Galicia, cantante dos emigrantes e representante da verbena galega. Espero que dende as orquestas galegas lle fagan unha homenaxe incluíndo algunha das súas cancións no repertorio tal e como fixerons con M. Jackson. Adeus Ana!

Deixa una resposta a Morte Ana Kiro Cancelar resposta


*