Concertos grandes nas festas de Sanxenxo

0
500

Sanxenxo 2010 - cartelOnte comezaron as festas patronais de Sanxenxo. Para a semana, nova convocatoria festiva no concello pontevedrés

A localidade pontevedresa de Sanxenxo, un dos concellos máis turísticos de Galicia, acaba de comezar as súas festas patronais 2010. Se onte foi día de verbena, hoxe tócalle aos concertos: COTI e COQUE MALLA serán os encargados de amenizar a noite na gran praza do Mar, coas impresionantes vistas que nos ofrece.

Pero esta será a primeira parte das festas en Sanxenxo, para a semana, de novo, haberá celebracións, serán as da cebola, con música de verbena da man dun dos grupos que mellor pode traballar en Sanxenxo; LA OCA. A formación musical tocará na casa, un ano máis, para levar aos veciños e visitantes o mellor son de verbena con música bailable 100% e algún número dos que Puma Rodríguez e o resto da banda acostuman a regalarnos.

Pero hoxe quedamos cunha combinación musical curiosa; COQUE MALLA e COTI serán os encargados.

sanxenxo-2010-programa

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*