A festa máis concorrida da comarca: Fervenza 2010

0
316

Orquesta Panorama - 2010 - 0068 - DenaPanorama e París de Noia cara a cara esta noite nas grandes festas da Fervenza, en Mazaricos

No concello de Mazaricos poden presumir de ter unha das citas máis concorridas de toda a comarca por non dicir da provincia. O sábado, día grande, a verbena estará amenizada por dúas orquestras de primeira liña: PANORAMA e PARÍS DE NOIA.

Milleiros de persoas gozan cada ano desta cita que se localiza nunha paraxe inigualable que se completa con múltiples actividades e gastronomía (polo á grella, carne á grella, etc…). A quen nunca foi ata a Fervenza de Mazaricos recomendámoslle que acuda a esta cita festeira sobre todo a noite do sábado.

mazaricos-fervenza-2010-cartel

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*