Paella e festa xigantes en Cortegada

0
498

silleda-cortegada-festa-da-paella-2010-cartel

Unha data para ter moi en conta; mañá venres celébrase a X edición da Festa da Paella en Cortegada, Silleda. Hoxe día 29 remata o prazo para reservar os tiques que dan dereito a un completo menú e asento na carpa acondicionada.

Con mesa e mantel nos agardan en Cortegada para celebrar a festa máis importante da localidade. O dúo Master e unha das orquestras da que moito se fala polo seu bo facer, repertorio bailable e calidade musical: GALILEA.

Na páxina web da festa: festadapaella.es tes toda a información sobre o evento, lugares onde se poden adquirir os tiques e localización da festa entre outras cousas. Tamén hai un correo electrónico onde se pode preguntar sobre calquera cuestión relacionada coas festas: festadapaella@gmail.com

O completo menú componse de paella e sobremesa (queixo con marmelo), pan viño e refrescos. Como recordo pódese levar para a casa o prato conmemorativo. Todo isto por só 10 €.

Despois de 10 anos, a festa en Cortegada está plenamente consolidada e á vista de todos os programas destes últimos anos, son unhas datas festeiras de referencia na comarca, con orquestras de gran calidade musical. Para a primeira xornada (a propia da festa da paella), música verbeneira desde A Estrada, GALILEA e un dúo musical serán os encargados de amenizar a noite dunha festa xigante.

Sen comentarios

Deixa una resposta a roxegar Cancelar resposta


*