Dúas festas separadas só por unha estrada

0
470

arteixo-2010-vilarrodis-cartel

VILARRODÍS E OSEIRO, EN ARTEIXO, ESTÁN DE FESTAS

Cada un a súa, os lugares de Vilarrodís e Oseiro, en Arteixo, están de festas, pero cada quen celebra a súa. Dous campos da festa separados uns centos de metros nada máis e coa mesma patroa, a Virxe da Luz. En Vilarrodís comezan hoxe as festas e mañá farao Oseiro. Rematan as dúas o luns e as orquestras pertencen á mesma oficina. É máis, PANORAMA abre hoxe en Vilarrodís e actúa o sábado en Oseiro.

Orquesta Panorama 2010 - cartelA orquestra Panorama abre hoxe as festas de Vilarrodís acompañada doutra formación musical. O sábado repite en terras arteixás, xa que estará co grupo Triunfo nas festas de Oseiro

Se un circula en coche pola estrada que separa Vilarrodís de Oseiro, cara á Coruña ou cara a Arteixo e escoita foguetes, é posible que non saiba en cal das dúas celebracións os botan, dada a proximidade dos campos da festa de ambas as dúas localidades arteixás. Teñen a mesma patroa pero as festas fanas por separado desde hai xa uns anos.

orquesta-palladium-2010-cartelEn Oseiro, mañá venres actuará a orquestra Palladium

Coméntanos unha veciña que noutras épocas non era así, de feito en Vilarrodís non hai igrexa. Esta está en Oseiro. De todas formas polos desacordos que houbo entre algúns veciños pasouse a organizar dúas festas diferentes a escasos metros unha da outra.

Estas últimas edicións as orquestras eran diferentes porque pertencían a distintas oficinas, pero de novo converxen nas dúas festas as formacións musicais de Espectáculos Lito, de xeito que a orquestra PANORAMA estará hoxe en Vilarrodís e dous días despois volverá a Oseiro. Ou o venres, mentres que en Oseiro actuará PALLADIUM, en Vilarrodís haberá dous grupos da mesma oficina.

orquesta-panama-2010-cartelA orquestra Panamá cerrará o luns as festas de Oseiro. Alarma farao en Vilarrodís

O luns rematarán as festas; en Vilarrodís coa orquestra coruñesa ALARMA e en Oseiro coa naronesa PANAMÁ.

Festa por partida dobre en Arteixo.

Sen comentarios

  1. Xa fai moitísimos anos que non se fan conxuntamente as festas, nin creo que se fagan. Os de Oseiro teñen a manía de ir roubando terreo os de Vilarrodís, ademáis de deixar débedas as orquestras que perxudican a todas as comisións de Arteixo. Se a xente cala, e non di o motivo, é por algo. Pero que saiban todos que os mozos e mozas tampouco esquencemos.

Deixa una resposta a Elena Vilarrodis Cancelar resposta


*