A festa continúa nos Rosales o 19 co grupo Chaston

3
454

O GRUPO CHASTON PRESENTA A NOVA IMAXE

grupo-chaston-2010-cartel

Nova imaxe 2010 para o grupo Chaston

Hoxe traemos dobre primicia. Ten que ver coas celebracións dos Rosales (A Coruña) que rematan este sábado.

Por un lado acaban de informarnos de que o día 19 de xuño (sábado) terá lugar a xa tradicional sardiñada. O evento gastronómico congrega a multitude de veciños do barrio e doutras partes da cidade, e mesmo de concellos como Arteixo ou Cambre.

A gran sardiñada dos Rosales está organizada pola Asociación de Comerciantes, e para rematar o día sempre hai unha actuación musical. Este ano actuará o grupo CHASTON.

Por outro lado temos acabado de saír o novo cartel do grupo CHASTON. O máis salientable do novo afiche do grupo musical é o deseño, que sae un pouco do típico cartel de orquestra. Ademais, como era de esperar, inclúe as novas incorporacións onde destaca o cambio na voz feminina (entra Laura Corral, procedente da orquestra CUNTER’S) e o reforzo no lado masculino con David Bouzón, procedente da orquestra coruñesa LOS PRÍNCIPES (hoxe MANHATTAN). Estes cambios en CHASTON xa os adiantamos en primicia no seu día en Festa a Festa.

Xa tes unha cita para marcar no calendario o sábado 19; nos Rosales a festa continúa.

3 comentarios

  1. Genial, gran primicia, con permiso, te “fusilo” la noticia. Enhorabuena. A ver si tenemos ocasión de conocernos el día 19