Cartel promocional do grupo Alcotán
O grupo ALCOTÁN é a última formación musical de verbena que pasará pola Alameda compostelá. Será na noite de domingo para despedir o programa festivo aínda que quedan algunhas actividades para o luns e o martes.
O grupo que nos trae toda a herdanza musical de BRUMA, de feito é a mesma filosofía de traballo e de espectáculo, caracterízase por levar un repertorio de música moi bailable pero tamén con grandes temas de sempre e de todos os estilos. Algunhas propostas musicais de ALCOTÁN dificilmente se poden atopar nos repertorios doutros grupos e orquestras de verbena.
O grupo liderado polo todo terreo Fran, voz principal masculina, achégase esta noite a Compostela para ofrecernos música de verbena e de todos os tempos que de seguro non vai defraudar aos asistentes.