Variedade de estilos na III Gala contra o cancro da orquestra Panorama

0
22609

Orquesta PanoramaImaxe do comezo da I Gala contra o cancro, no ano 2008 en Cambados / © Fotografía roxegar 2008

Xa estamos en disposición de dar a coñecer os nomes dos artistas e grupos que acompañarán á orquestra PANORAMA na III Gala contra o cancro que terá lugar en Ordes o venres 30 de abril.

A partir das 23:00 horas pasarán polo escenario da orquestra caldense ISABEL PANTOJA, SERGIO DALMA, CARLOS BAUTE, KATE RYAN, SORAYA, SEGURIDAD SOCIAL, MELOCOS, TAMARA, JUAN MAGÁN e SANTA FE. A esta listaxe de artistas hai que sumar, como xa se anunciou hai meses, a actuación de DIANA CEA, ex vocalista da banda, interpretando o tema Europa de Mónica Naranjo.

A entrada é, como nas dúas anteriores edicións, gratuíta, e para recadar fondos para a causa pola que se organiza, a orquestra poñerá á venda o seu novo traballo discográfico. Os beneficios da venda do CD irán parar á AECC. No novo disco de PANORAMA inclúese unha versión discotequeira de Cómo está el panorama, éxito da temporada 2009, e o novo tema propio da orquestra, tamén moi bailongo, Dale al boom, boom. Os traballos de gravación do CD aínda se remataron a semana pasada entre ensaios, actuacións e outros asuntos.

Hoxe xoves a orquestra actúa en Asturias e afronta unha secuencia de catro actuacións seguidas antes de poñerse a vindeira semana cos ensaios xerais da gala de Ordes.

En canto ás medidas que o Concello establecerá para o bo funcionamento do evento, podemos salientar o reforzo das forzas de seguridade, o aumento a cinco cabinas nas peaxes da autoestrada ou un servizo de autobuses desde Santiago, A Coruña e a estación do tren ordense ata as inmediacións da explanada de Campo da Feira, na zona da discoteca e dos pubs.

Orquesta Panorama 2009 0003 - II Gala Panorama contra o cancro.JPGImaxe do comezo da II Gala contra o cancro, no ano 2009 en Ordes / © Fotografía roxegar 2009

Sen comentarios

  1. Ai Roxe sera unha Gala bonita para recordar vellos tempos…..vai ser moi emocionante cando Diana salga a deleitarnos penso que algunha lagrimiña se nos escapara a mais de algun. Sempre sera a mais grande. Un saludo

    • Si, a min chiváronme que vai ser máis parecida á de Cambados que á de Ordes do ano pasado. E o de Diana vai ser emocionante, claro que si, pero ti non tes problema, que xa tes aparcado o tráiler de panos en Ordes, jejeje.

  2. si jajajaja pero levo pa todos eee jajaja vai ser moi emocionante volver a vela encima do que foi e será sempre o seu sitio…penso que se volvese a algún aínda lle daba unha pequena lección e eu por suposto recibiríaa cos brazos abertos jejeje, pero bueno agora temos unha nova Panorama que nos toca apoiar e por suposto o día 30 alí estaremos.

  3. Claro que si, a Panorama este ano está impresionante para o meu gusto. O que pasa é que coma sempre, hai que despelexar aos novos que entran. E a min a verdade é que as novas cantantes me gustan moito, son moi profesionais e moi completas, a ver quen ten o valor de subirse ás teas. E vaia voces… din por aí que desafinan, e quen non desafina algunha vez? O que hai é moita envexa. Outras orquestras das que falan por aí tan boísimas levan 5 anos co mesmo repertorio… pero bueno… son boísimas e intocables. Nada novo… o de sempre.
    “Vémonos” en Ordes!!!

  4. supoño que sera como todo ai que darlles un tempo de adaptacion…eu este ano solo os puiden ir ver o primeiro dia e bueno…logicamante estaban verdisimos todos pero este sabado vou ver o man a man coa Paris de Noia ( outra que me parece que esta impresionante, gustame a maneira de traballar que teñen ) e aí valorarei si de verdade me gusta ou non. Esta recibindo moitas criticas pero penso que o veran e longo e van ter tempo de arreglar todo o que non gusta. Non se pode olvidar que son Panorama…..

  5. O tempo fai moito, eu vinos en Dena hai un mes e o outro día en Ribeira e Boiro e puff, miña nai querida, nada que ver. En Dena estaban verdes verdes pero en Aguiño estaban moito mellor e en Boiro arrasaron. Sempre haberá temas que non nos gusten ou que uns días saen ben e outros regular, iso sempre vai pasar estea quen estea. Saúdos!!!

Deixa una resposta a roxegar Cancelar resposta


*