Ante a previsión de chuvias para esta tarde, a DIVERFESTA PANORAMA que ía ter lugar en Vilagarcía queda programada para o vindeiro domungo 18 de abril á mesma hora. Se ese día tamén chovese, pasaría a celebrarse nas instalacións de Fexdega.
DIVERFESTA é unha nova iniciativa da orquestra PANORAMA, que pretende ser anual, como agradecemento aos máis pequenos da casa. Unha festa pensada especialmente para eles con regalos, hinchables, karaoke, etc…
A que si se mantén é a festa de pola noite en Dena (Meaño). Alí actuará a orquestra PANORAMA acompañada de SINTONÍA DE VIGO no segundo día de celebracións. Mañá cerrarán o San Xosé CHARLESTON BIG BAND e GRAN PARADA, tal como informamos en Festa a Festa.
ACTUALIZACIÓN
Ao final a festa de pola noite en Dena tamén foi suspendida. Cando se coñeza a nova data de actuación informaremos de novo en Festa a Festa.







