Arranca ‘A Xira do Xacobeo’ de Panorama

0
573

BEMBIBRE, VAL DO DUBRA, ÁS 22:30 COA ORQUESTRA COSTA OESTE

20100219 Panorama Presentación Xira do Xacobeo 2010 - 50

Formación completa da orquestra Panorama 2010 na presentación en Santiago da Xira do Xacobeo / Foto: © roxegar

Dentro dunhas horas arranca a nova temporada da orquestra PANORAMA. A Xira do Xacobeo levará a música e o espectáculo da formación caldense a máis de 200 lugares de Galicia.

Bembibre, en Val do Dubra, é o lugar escollido por PANORAMA para dar comezo a nova aventura con multitude de sorpresas. En primeiro lugar as cinco novas incorporacións, dúas delas referentes ás voces femininas (Lydia e Maythe), e a continuación todas as novidades que comezaremos a ver e supoñemos se irán incorporando ao espectáculo gradualmente como en cada temporada. Sabemos que haberá novo repertorio, nova montaxe cunha gran pantalla onde se proxectarán vídeos, un novo musical e algunha cousa máis que desde a dirección gardan con coidado para manter o efecto sorpresa ata o último momento.

En Bembibre estará tamén a orquestra COSTA OESTE, que está a facer cambios no repertorio e presenta catro novas incorporacións, entre elas a de Noelio, procedente de PANORAMA.

Se queres saber onde serán as primeiras actuacións de PANORAMA podes visitar a súa páxina web ou a entrada coas datas desta e doutras orquestras en Festa a Festa.

orquesta-costa-oeste-2010-cartel1Nova imaxe da orquestra Costa Oeste para a temporada 2010

Sen comentarios

  1. Ala imos…….eu personalmente vou con certo temr…nn podo evitar acordarme de aqeles anos nos que empecei a velos xa fai 10 primaveras….e teño medo de que a esencia que me encandilou despareza….ademais por todos e sabido que o meu maximo referente non estara nese escenario e Dianiña todos a votams moito de menos. Ainda asi confio en Panorama porque en tantos anos poucas veces me defraudaron e ademais mentres nos siga Lito aí…..nada pode ir pesimo. espero ver a moita xente. Bo finde..
    PS: Boa festa para aprveitar e ver a Sonia, Andre, Javi e Noelio……haber CO que tal.

  2. Seguro que non defraudarán,e é máis,seguro que sorprenderán máis..Diana sempre será Diana,pero hai que darlle a oportunidade,e sobretodo,darlle unhas semaniñas de actuacións..e no verán xa diremos que é Panorama 2010.Espero un resumo do que pase en Bembibre,repertorio,esecenario(si xa está).Saudos

  3. No me han gustado nada las nuevas chicas de Panorama .Una de ellas se pierde totalmente en los pasos y de voz son normalitas.Lo siento por ellas pero panorama tiene que tener otro nivel no puede dejarse caer

    • Moitas grazas polo teu comentario. Eu en directo aínda non puiden ver nada e polos vídeos de You Tube non acostumo opinar. Espero ver a orquestra dentro dun par de semanas. Estes días que veñen de festivo vou ver outras e intentarei facer vídeos que colgarei en Festa a Festa. Saúdos!!!

Deixa una resposta a Miguel Cancelar resposta


*