Unha de Foliada en Suevos

0
493

arteixo-2010-suevos-san-gregorio-cartel

Cartel das festas de San Gregorio, en Suevos, Arteixo, onde o sábado 13 actuará a orquestra Foliada

A orquestra coruñesa FOLIADA será a encargada de amenizar a noite do sábado en Suevos. Celébranse na parroquia arteixá as festas de San Gregorio.

Os vindeiros días 12 e 13 de marzo serán as festas de inverno de Suevos. Para a ocasión está programada unha gran mexilloada e a actuación da orquestra FOLIADA na pista do local social.

FOLIADA chegará a Suevos co novo plantel para 2010, dúas novas incorporacións na trompeta e na dianteira, Javier (procedente de ALARMA) e Álex (procedente de TROCO) respectivamente. Tamén será a segunda temporada da cantante, Bea. A orquestra coruñesa caracterízase por tocar todo tipo de temas de baile e un segundo pase máis encamiñado á xente nova. En Suevos temos a oportunidade de gozar da nova temporada e non será a única na zona porque FOLIADA actúa moito no concello de Arteixo. O sábado… en Suevos.

Sen comentarios

    • Amig@, tes razón, as cantantes de Gran Canaria son Vanessa e Rosalba. Nalgúns sitios aparece Isa pero se consultas a web ou na información que nos pasou a axencia está correctamente: Vanessa e Rosalba. En Festa a Festa xa revisamos isto. Moitas grazas e un saúdo!!!

Deixa unha resposta


*