Nova imaxe para o grupo Alkar de Portonovo

0
527

grupo-alkar-2010-cartel

Nova imaxe do grupo Alkar de Portonovo, sen cambios no cadro de músicos e cantantes

O grupo ALKAR xa ten nova e esperada imaxe. Despois de varias temporadas sen cambiar o cartel, en 2010 chegou a hora do lavado de cara aínda que non hai cambios na formación respecto do ano pasado.

A nova imaxe 2010 é o primeiro de moitos cambios para esta temporada. Cambios que están gardados celosamente polos compoñentes do grupo de Portonovo. Sabemos que pode haber novidades no escenario, no repertorio, por suposto, e fálase por aí dun disco… pero todo son conxecturas ou pequenas pistas porque por parte dos compoñentes nada se sabe.

Despois do grave accidente de hai un par de temporadas no que algúns integrantes quedaron feridos e houbo que reformular todo o cadro de músicos, os responsables de ALKAR tampouco se viron con forzas para acometer cambios en 2009 e arrastraron as consecuencias do accidente durante máis dunha temporada. Pero afortunadamente neste caso as cousas volveron ao seu estado, aínda que moi amodo, e teremos novidades importantes en 2010 que pouco a pouco iremos descubrindo.

Por certo, alguén sabe o que significa ALKAR? É moi curioso e contarémolo na próxima entrada dedicada ao grupo.

Sen comentarios

Deixa una resposta a roxegar Cancelar resposta


*