Panorama 2010, presentación da Xira do Xacobeo: os vídeos

7
913

E para rematar, os vídeos da presentación. Ofrecemos a entrada dos compoñentes da orquestra PANORAMA no escenario do Teatro Principal e as catro actuacións musicais interpretadas por cada un dos catro vocalistas e música instrumental de Carlos Oubiña e Lote González.

7 comentarios

  1. Non comprendo como o Xacobeo patrocina unha orquesta ,no que o presentador fai a presentacion da orquesta en castelán,e unha autentica vergonza,e falta de respeto a instución,os muros do teatro Principal e o Apostol Santiago,non respetar a nosa esencia,que é a nosa lingua.Para min eso xa di moito,do pouco que queres a este país que tanto lles da de comer.
    Roxegar,a pesar do comentario que poño,unha cousa non ten que ver coa outra e darche a noraboa,polo moito que traballas neste páxina e sobretodo polo videos e pola reportaxe de Panorama,para os que non puidemos ir a tan “magno” acto.

    • Ola Marcos, moitas grazas polo teu comentario e polas túas palabras de felicitación polo meu traballo.
      En canto ao teu comentario, dicirche que a maioria do acto foi en galego. Hai que dicir que o presentador, aínda que empezou en castelán, en canto viu que a gran maioría dos compoñentes de Panorama falaban en galego xa se pasou á nosa lingua. Non é por defendelo, que para min tampouco ten defensa que un acto de presentación dunha orquestra que vai no programa do Xacobeo empregue o castelán nun acto destas características. Pero aí os que marcaron o cambio para falar en galego foron os compoñentes “do país”, empezando por Oubiña, que sempre reivindica o idioma, dunha maneira amable sempre, e detrás viñeron a maioría dos outros, Lote, Jaco, Lito e Xurxo, como non.
      Eu tamén levei sorpresa con isto porque daba por sentado que se empregaría o galego como primeira lingua; ao final así foi a maioría do tempo pero iso non quita que, na miña opinión, o idioma de saída tiña que ser o propio.
      Un saúdo e espero volverte ver polo blog.

  2. Felicidades polo teu traballo!! Xa te vin ali todo traballador gravando jejeje estaba case encima tua e dixome Patri quen eras. Genial o traballo que fas sempre e nada que Panorama este ano promete pero Dianiña sempre sera Dianiña jejeje. Un saudo

    • Moitas grazas Judit. Grazas tamén a ti por estares sempre aí. Por certo, a próxima vez dáte a coñecer, jejeje.
      Eu tamén creo que este ano Panorama vai estar moi ben. A min gustáronme as dúas cantantes novas. Véselles que están rodadas e que teñen experiencia, pola forma de interpretar, de modular, moverse… Vaise facer moi raro non ver a Diana e Irene enriba do escenario pero teremos que afacernos, e se as que veñen para o sitio o fan ben, pois moito mellor. Hai unhas expectativas moi grandes creadas ao redor de Panorama con tantos cambios, pero creo que non van defraudar aínda que non vai ser nada fácil para os novos, sobre todo as cantantes, porque as que marcharon eran moi queridas; principalmente Diana por retirarse, xa que a Irene haberá ocasión de vela. Veremos como se presentan as primeiras actuacións pero eu creo que non vai haber fallo. Un saúdo!!!!

  3. jajajajajaaja noooonnn con Didi e Diego nooonnnn. Eles estaban arriba de todo e eu estaba nun lado pero viute Patri e xa me dixo, e, home, non me iba poñer ali a berrarche e despois non te vin senón saudábate. Coa de veces que te teño rallado con tanta entrevista jaja. Pois si, a min en particular encantoume Lidia deixome a verdade sen palabras. Haberá que ir o día 12 a Bembibre haber en realidade como se presenta o 2010. Un saudiño

  4. Hola, Estivemos a grabar a presentación da orquesta panorama con vós, nos enviábamos o sinal as pantallas, non sei se aínda tedes algo do material de aquel día pero estaríamos moi interesados nalgún dos videos que tedes, o voso tiro de cámara sería estupendo, se fósedes tan amables de poñervos en contacto con nós

    aleuto@aleuto.com

Deixa una resposta a JuDiT Cancelar resposta


*