Diana Cea: a entrevista da despedida

0
2059

Diana Cea: a entrevista da despedida (II)

Coa actuación o día 31 de decembro de 2009 en Santiago de Compostela para abrir oficialmente o Xacobeo 2010, a orquestra PANORAMA baixa o pano ata o mes de marzo, momento no que comezará a nova xira: Panorama 2010, a xira do Xacobeo. A nova etapa nunha das principais orquestras galegas non contará con cinco integrantes de 2009, algúns dos cales xa se incorporaron aos seus novos destinos.

Pero este non é o caso dunha das súas voces femininas e figura principal durante 10 anos en PANORAMA. Diana Cea non estará na dianteira desta orquestra nin de ningunha outra. Cambio de aires, cambio de vida.

Falamos con Diana Cea para facer un breve percorrido por todos estes anos de verbena. Diana ofrécenos unha entrevista para dicir adeus a todos os seguidores de PANORAMA e poñer un punto final a esta etapa da súa vida… ou quizais un punto e á parte.

– Cando decide Diana Cea dedicarse ao mundo da música?

– Pois a verdade, sempre me gustou desde moi pequena cantar e bailar, e cando tiven a oportunidade de que alguén se fixase en min, alá fun [Risas].

– Presentácheste a un concurso da TVG, o Tequele Show, e de aí directamente para a Panorama, con só 16 anos. Este foi o teu inicio musical…

– Si, e os karaokes.

– Se che tarareo “Una y una dos, dos y una tres, no salen las cuentas porque falta el churumbel…“, que recordos che veñen á cabeza?

– Pois véñenme uns recordos moi bonitos… de cando empecei en Panorama.

Tami foi unha das primeiras cancións interpretadas por ti a dúo con Lito. Que queda daquela Diana Cea?

– Eu creo que esencialmente sigo sendo a mesma, pero menos nena.

– Cumpriches a maioría de idade no escenario de Panorama, concretamente en Rianxo nas festas da Guadalupe. Que sentiches aquela noite coa praza chea de xente?

– Pois se che digo a verdade, eu sempre sinto o mesmo cada vez que saio a un escenario… sempre intento disfrutar o máximo e transmitir toda a miña alegría.

– En todos estes anos, 10 en Panorama e un en Philadelphia, tiveches que preparar moitas cancións. Dinos algunha que se che resistise ou teñas malos recordos dela.

– A verdade é que tiven que escribir, facer moitas chuletas e aprender moitas cancións. A que nunca me gustou foi a de Paulina Rubio, Ni una sola palabra. Non teño nada en contra de Paulina, pero a canción…

[Vídeo de Diana Cea na orquestra Panorama, A Coruña, 2004]

– De todos os estilos musicais e cantantes, á parte de Mónica Naranjo, que che gusta máis? Que música escoita Diana Cea?

– Eu son moi pachangueira e encántame a salsa. Tamén me gusta moito a música romántica pero esta última non me gusta nada cantala.

– En 2005 cambia radicalmente a túa vida e deixas a orquestra. Que foi o que fixo que retomases en 2007?

– A decisión de volver foi un pouco de todo. Sempre che queda o gusanillo no corpo e, por que non dicilo, polo diñeiro.

– E apareces en Philadelphia. Visto desde dentro, que diferenzas hai entre unha orquestra como Panorama e unha como Philadelphia?

– A diferenza principal que hai entre as dúas é que Panorama abre o telón e xa ten a festa gañada desde o principio (porque o curramos para estar onde estamos, ou bueno… onde están) e Philadelphia tiña que gañarse a xente en cada actuación para darse a coñecer porque eramos case todos novos.

– Despois de moitos anos como única vocalista na orquestra Panorama compartes escenario en Philadelphia e na túa segunda etapa en Panorama con Natalia Méndez e Irene Iglesias respectivamente. Que destacarías de cada unha delas?

– Pois de Natalia, que é un sol de nena. Coñézoa desde hai moitos anos porque ela sempre nos viña ver. Nati é unha gran profesional. E de Irene non sabería dicir algo concreto porque ten moitas cualidades. Irene é unha grande artista e vouna botar moito de menos porque vivimos moitas cousas xuntas… quéroa moito.

– E que nos dirías de Lito? Queremos saber virtudes e defectos da cabeza pensante de Panorama.

– Lito sempre foi como un pai para min. Unha virtude de Lito? Que sabe como enfocar a orquestra en cada momento. Un defecto? Que nunca desconecta. Sempre está pensando en que canción montar, como facer, etc.

– Pola orquestra pasaron xa moitos profesionais. De todos eles, a quen recordas con especial cariño?

– A Javier Comesaña, a Manolo o batería e a Dani “el abuelo”, que era baixista.

[Javi Comesaña está agora como voz principal en Costa Oeste e Dani “el abuelo” é o baixista da orquestra Solara. Manolo deixou o mundo das orquestras igual que outros integrantes de Panorama, e doutras formacións, como Paco Prol ou Martín e agora Enrique Novas].

diana-cea-e-javi-comesana3

[Javier Comesaña e Diana Cea reencontráronse de novo no escenario de Panorama na gala do XX aniversario da orquestra]

– E se tiveses que escoller, fóra de Panorama, unha orquestra, un vocalista e unha cantante, a quen elixirías?

– Ufff, posmo moi difícil, porque son moi panorámica  [Risas]. Entre as orquestras escollería a Philadelphia. Entre os vocalistas elixiría o cantante de Máster, pero non recordo agora como se chama. Sei que estivo na orquestra Nova Palma o ano pasado. E de cantantes femininas a Vanessa de Cinema, á que tamén quero moito.

– Panorama é unha das orquestras con máis seguidores. Cal é o segredo do éxito da orquestra?

– Se che digo o segredo xa se descobre [Risas]. Eu creo que con mirar para eles xa sabes o que é…

– E os seguidores, sinceramente, non chegar a agobiar algunha vez?

– A verdade é que a min nunca me agobiaron porque cando non me apetecía falar con ninguén quedaba no camerino ao meu rollo e alí ninguén podía entrar.

– Como era un día de ensaios en Panorama, antes de comezar a xira?

– Pois era moi curioso porque á parte de ter que facer todo o traballo tamén era moi divertido e riámonos mogollón.

– E como é un día sen actuación na vida de Diana Cea? Que che gusta facer?

– Cando non hai actuación o principal é descansar, estar coa miña familia e desconectar; tumbarme no sofá e ver “cotilleo”.

– Nos dous últimos anos a orquestra organizou tres galas con coñecidos artistas de recoñecido prestixio. Pódesnos contar algo que te chamase a atención? Con quen te quedas?

– Pois dáste conta de que a vida dun artista famoso ten que ser súper agobiante porque están en todo momento rodeados. De todos os que participaron nas galas quédome con Bustamante.

– Panorama é tamén a orquestra con máis actuacións por temporada. É este o principal motivo para deixar a orquestra?

– Eu vou falar de por que o deixo eu… Para min é incompatible ser nai con traballar nunha orquestra. A verdade é que en todos estes anos nunca tiña tempo para a miña familia, e para min iso é o primeiro.

– É un abandono definitivo ou volveremos a ver a Diana Cea subida a un escenario?

– A verdade é que penso que non me gustaría volver. Foron xa bastantes anos aínda que nunca se pode dicir definitivamente que non…

– E sobre a túa páxina web, www.dianacea.com, punto de encontro dos teus seguidores, cal é o seu futuro? Vai permanecer aberta ou non ten sentido seguir con ela?

– Por agora vai seguir aberta.

– Xa estamos rematando; cal é o futuro profesional inmediato de Diana cea?

– Pois de momento iso aínda non o sei. Agora mesmo voume dedicar a descansar e a disfrutar un pouco da vida.

– Para rematar, pódeslles dedicar unhas palabras de despedida aos seguidores de Festa a Festa, da orquestra Panorama e de Diana Cea?

– Moitas grazas a todos os seguidores da orquestra por todos estes anos, por facernos tan felices e importantes por toda Galicia. Se non fose por eles non estariamos onde estamos. Moitos bicos e… sempre Diana!!!

[Vídeo de Diana Cea na orquestra Panorama, Cambados, 2008]

Sen comentarios

  1. Despóis de ler a entrevista aposto unha man a que esta rapaza volve o ano que vén ás orquestas. É unha pena que marche porque o facía ben, pero insisto en que auguro a volta en 2011, se non en Panorama noutra. Saludos!!!

  2. A Diana desexarlle sorte no que se propoña facer, á Panorama que siga evolucionando e sorprendendo e a Roxegar que moitas grazas polo seu traballo

  3. Roxee gracias de verdad esta entrevista para moitos fans da Orquesta Panorama e sobretodo de Diana Cea era moi importante…..e a ti Didi que che imos decir….xa son tantos anos de festas e detalles que solo podemos darche as gracias as gracias por ser sempre a mellor en todo. Ojala a vida che de todo o que te mereces. keremoste

  4. oohhhh!!! que linda mi niña por dios!!!! lo que la vamos a echar de menos!!!!

    bueno roxegar hay una foto que creo que es de la despedida de Paco Prol na flor de Montouto, cantando con Diana “Maneras de Vivir” no???? oye si tienes ese video pasamelo por favor porque yo no tengo ni una foto de ese dia!!! un besooo!!!

  5. Moitas grazas a tod@s os que escribistes aquí e aos que enviaron mensaxes ao correo do blog polas vosas felicitacións. Espero que sexa a primeira de moitas entrevistas interesantes. Pero a primeira tiña que ser ela, pola súa traxectoria, pola súa despedida das orquestras (espero egoistamente que non sexa para sempre) e, por que non dicilo, por que eu teño debilidade por Dianiña e vai ser difícil afacerse a non vela aínda que a todo nos habemos de acostumar, claro está, e non se acaba o mundo. Por todos estes anos de dedicación e de boas caras sempre. Grazas Diana Cea… SEMPRE DIANA!!!

  6. BERTUKI!!! Non teño o vídeo, teño algunha foto. Se queres pásochas polo facebook ou por correo electrónico, como queiras.
    A despedida de Paco Prol de Panorama, unha noite memorable. Que pena non ter daquela cámara de vídeo. Tiña a primeira cámara de fotos dixital e moitas grazas, jejeje.
    O dito, fotos hai, dime como chas paso. Bicos!!!

  7. Dios mio! sigo este blog habitualmente porque encántame, sempre á última, jeje. E bueno como dicir eu son desde ben pequeniña fan incondicional desta gran artista, para min sin duda ningunha a mellor. Emociónome léndoa, así que moitas felicidades, é unha pasada. Non teño o gusto de coñecerte roxegar, pero o teu nome si que me sona de leer comentarios teus no antigo foro de panorama e así…MOITAS FELICIDADES!SIEMPRE DIANA!

  8. Como xa nos ten afeitos, García Romero é un mestre da palabra. Entrevista completa, interesante e un chisco melancólica, Non podía ser doutro xeito, cando unha das grandes deixa o mundo da farándula, por así dicir.
    Darlle os parabéns ao autor desta entrevista, que ben podería pertencer ao mundo do xornalismo galego.
    Grazas e sigue con ese excepcional blog. Que non nos falte!

  9. A Diana de sempre sen dúbida, esto si que sona a despedida e case me fai chorar, porque a miña filla é unha incondicional dela e so ten dez anos. Sempre Diana.

  10. Diana como se te bota de menos. un ano sen verte pero un ano recordandote e añorandote. Oxalá algún dia volvas as orquestas para encher de novo os nosos corazons. Recorda q os q te quixemos ainda q dende abaixo do palco seguimoste querendo.biquiños e sen sempre moi feliz que a nos fixechesnos inmensamente felices e ti merecelo mais q ninguén.

Deixa una resposta a yolanda Cancelar resposta


*