Cinco orquestras solidarias con Haití

0
473

cambre-2010-romaria-solidaria-por-haiti

O vindeiro sábado na Barcala (Cambre) a solidariedade vístese de festa. Cinco orquestras e outras catro agrupacións musicais prestan o seu traballo altruísta para unha boa causa: recadar fondos para enviar a Haití.

O grupo CICLÓN e as orquestras FANIA BLANCO SHOW, PARÍS DE OZA, ALARMA e MONTES serán as encargadas de amenizar a festa e xunto cos outros grupos, como a banda de música SEMENTEIRA, o grupo OS LARPEIROS DE ALTAMIRA, ou GRUPO DE GAITAS DE CECEBRE e CANTAREIRAS levarán a cabo 15 horas de festa continua.

Por haber ata haberá un grande espectáculo de máxia da man do MAGO PABLO e unha pantalla xigante para poder ver desde o campo o partido Deportivo – Madrid. Para a cuestión do estómago tampouco haberá problema porque tanto ao mediodía como pola noite se poderá tomar churrasco e outros produtos típicos da terra.

Para levar a cabo a parte musical, as formacións estarán repartidas en dúas quendas; unha sesión vermú da man de FANIA BLANCO SHOW, que tocan na casa, e o grupo CICLÓN desde Santiago de Compostela, e unha sesión de noite que principiará coa actuación da formación PARÍS DE OZA, unha formación de afeccionados que ofrecen un espectáculo curioso simulando unha orquestra de verdade, e seguirá coa festa de dúas orquestras profesionais como son ALARMA, desde A Coruña, e MONTES, de Narón.

Un bo xeito de pasar unha xornada de festa e achegar a nosa axuda para un pobo tan necesitado como é Haití. O sábado toca festa solidaria en Cambre, no lugar da Barcala.

orquesta-montes-carteis-antigosA orquestra naronesa Montes actuará na Romaría Solidaria da Barcala, Cambre, xunto con Ciclón, Fania, París de Oza e Alarma

Sen comentarios

  1. A causa non pode ser máis xustificada e as nosas orquestas aí están, traballando gratis para recaudar fondos. En momentos así, cando orquestras como Montes ou Fania se xuntan é cando un se sinte orgulloso de lle gustar as festas. Panorama co cancro, a orquesta Pontevedra co síndrome de Down, etc… Moitas grazas ás nosas orquestas por facer tamén un labor humanitario.

Deixa una resposta a Marcos Cancelar resposta


*