Presentación na zona norte da orquestra Aché

0
399

Orquesta Aché 2010 cartel presentación Xove

Nova presentación da orquestra Aché 2010; esta vez en Xove, no multiusos o vindeiro sábado pola noite

A orquestra ACHÉ continúa coas presentacións oficiais; desta volta no multiusos de Xove (Lugo). Despois de facer unha festa similar non hai moitas semanas máis ao sur, os membros de ACHÉ queren dar a coñecer o novo proxecto, que non a nova orquestra, ao público de todas as zonas de Galicia.

E dicimos que non é unha orquestra nova porque ACHÉ xa veu funcionando durante varias temporadas. Novo é o proxecto, con nova axencia, novos compoñentes e un novo concepto de entender a verbena. Club de amigos, merchandising, revista Acherízate e outras moitas novidades que se nos irán presentando ao longo da temporada son só algunhas das sorpresas preparadas para a nova temporada 2010.

A entrada ao multiusos de Xove é gratuíta para os fans con carné. Entre outras actividades típicas como será a presentación de temas novos e dos compoñentes que chegan este ano á orquestra, haberá sinatura de postais e de carteis da nova xira Celebra la vida cos membros de ACHÉ, sorteo de regalos, pegatinas, etc…

Desde a orquestra prometen unha noite entretida e sobre todo divertida. ACHÉ chega este sábado a Xove disposta a montar a festa.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*