A web máis calorosa da París de Noia

0
429

orquesta-paris-de-noia-2010-web-wilson-copia1Portada da páxina web de París de Noia. Polo inicio da páxina van pasando todos os integrantes da orquestra

A orquestra PARÍS DE NOIA vén de abrir a súa nova páxina web, aínda que, para sermos exactos, se trata só dun pequeno lavado de cara que busca, iso si, captar a atención dos internautas cunha portada impactante.

Portada que non deixa indiferente a ninguén e provoca comentarios para todos os gustos. Pola presentación da páxina vai pasando a gran tamaño unha imaxe de cada integrante da orquestra, incluída a nova fichaxe, Jessica Santín. Tamén no apartado Multimedia están colgadas as primeiras fotos da temporada e o apartado Calendario está actualizado con aparición, tamén en portada, das próximas datas de actuación de maneira que non é necesario acceder ao contido aloxado na páxina para saber onde hai festa con PARÍS DE NOIA.

Desaparece, polo tanto, unha das portadas máis bonitas do ano pasado nas webs de orquestras; aquela que proxectaba a luz do faro da Torre de Hércules sobre unha paisaxe urbana na que aparecían en pequeno todos os compoñentes da orquestra e cámbiase por esta, máis directa en canto á presentación dos membros de PARÍS DE NOIA e que usa algunhas das imaxes que xa se empregaran no cartel de 2009 (Blas ou Genma, por exemplo) combinadas con outras novas (Wilson ou Marcos Valcárcel, entre outros).

Sen comentarios

  1. Unha portada pátetica, nunha palabra… carente de bo gusto e de elegancia; en lugar de mellorar o inicio da páxinaweb da tempada pasada, acaban por sucumbir á vulgaridade. Por momentos mesmo parece a sección de contactos de calquera xornal cutre. Unha verdadeira pena.

Deixa una resposta a Tunante Cancelar resposta


*