Renovación na orquestra coruñesa Versalles

0
617

Sanela Ferizovic - Orquesta Versalles 2007 - Ribeira.JPGSanela Ferizovic continúa unha temporada máis como unha das vocalistas da orquestra Versalles /© Foto: roxegar

A orquestra VERSALLES da Coruña xa está en pleno ensaio preparando o que será a nova temporada 2010.

Como na maioría das orquestras, hai varios cambios, neste caso cinco, que afectan aos músicos e cantantes:

Abandonan a orquestra:

Calú Méndez (voz), que pasará a formar parte da orquestra LOS PRÍNCIPES, tal como informamos onte en Festa a Festa.

Juan Carlos Betancourt (trompeta), que pasa a ser integrante da orquestra LOS TROVADORES.

George (baixo), que será integrante da orquestra LA BÁMBOLA.

Wilfred (percusionista).

Sara Piñeiro, que en principio abandona temporalmente o mundo das orquestras.

Á espera de saber quen ocupará os lugares na trompeta e voz feminina, podemos confirmar as outras tres fichaxes para 2010:

Oliver (voz) procedente da orquestra NUEVA GENERACIÓN.

Adrián (baixo) procedente de NOVA PALMA.

Ricardo (percusión) procedente tamén de NOVA PALMA.

O resto de músicos e cantantes permanece igual que en 2009:

Sanela Ferizovic (voz), Jonathan Enrique (voz), Gely Vázquez (saxo), Ariel Blanco (trompeta), Diego Moar (trombón), Javier Castro (teclados), Jorge (batería) e Suso Couto (guitarra).

Así as cousas, nas actuacións que está tendo a orquestra estas semanas permanecen Juan Carlos e Sara, que abandonarán a orquestra máis tarde. Tamén notarán os asistentes a unha festa con VERSALLES, que non está Sanela Ferizovic debido a unha operación, pero en breve retomará o traballo perfectamente recuperada. A orquestra continúa cos ensaios para ofrecer un novo espectáculo á altura do que espera o público… e así será como cada ano.

Sen comentarios

  1. Ostras menudo cañón de tía!!!! Non vin nunca esta orquesta pero creo que lle chegou o momento. E esta muller é galega?, porque menudo género, jejeje.

Deixa una resposta a Marcos Cancelar resposta


*