A orquestra Foliada cumpre trinta anos de festa en festa

0
446

orquesta-foliada-2010-cartel-aniversarioA orquestra Foliada cumpre 30 anos nos campos de festa

Nova temporada para a orquestra coruñesa FOLIADA, pero non unha máis, porque 2010 é o ano do XXX Aniversario da formación musical. Desde 1980, FOLIADA leva amenizando as nosas festas por Galicia e España adiante cun repertorio que toca practicamente todos os estilos musicais que se piden nunha verbena.

É todo un mérito para unha formación musical cumprir 30 anos. Non hai moitas que os superen, e máxime cos tempos que corren; pero FOLIADA continúa aí, nun posto destacado entre as orquestras máis coñecidas do momento e promete seguir facéndoo.

Nesta nova temporada que comeza dentro duns días, a orquestra FOLIADA presentará cambios no seu plantel de músicos e vocalistas. Dúas son as novas incorporacións: no apartado de metais entra Javier, trompetista procedente da orquestra ALARMA, e no apartado vocal entra Álex Camacho, que lle dará un toque máis “salseiro” á orquestra, estilo musical que cada vez demanda máis público.

orquesta-foliada-2010-alex-camacho-2Álex Camacho será a nova voz masculina de Foliada xunto con Raúl

O resto de músicos e cantantes permanece como en 2009: Raúl e Bea nas voces (a vocalista cumpre o segundo ano en FOLIADA), e Bruno (saxo e guitarra), David (trompeta), Frank (trombón e baixo), Miguel (pianista e teclista) e Diego (batería) no apartado instrumental.

Destacamos no apartado vocal a Beatriz, que cumpre brillantemente co seu papel de cantante nunha orquestra na que nos últimos anos pasaron voces tan boas como a de Marga ou Kirenia, e que se atreve con todos os estilos musicais que traballa a orquestra.

Comeza unha nova temporada para a orquestra FOLIADA, que seguro nos ha de traer máis dunha sorpresa o ano do seu 30 aniversario.

orquesta-foliada-2010-foto-xeralImaxe da orquestra coruñesa Foliada tomada nunha actuación de 2009

En breve publicaremos unha galería de fotos da orquestra correspondente á temporada 2009.

Sen comentarios

  1. Dexexar a orquestra Foliada moitas felicidades polo seu trinta aniversario, espero e como eu moita mais xente que este ano sexa igual ou mellor que os pasados,posto que o anterior cantante lle deixou o liston moi alto a Alex. Dicir tamen que non me parece moi etico facer mencion das vocalistas que pasaron pola orquestra e sin embargo do vocalista que botou tantos anos con eles e que tan ben nos fixo pasar nas verbenas coas suas cousas( DOLORES etc.) pois nin dios se lle ocurre nombralo niste aniversario. Que triste señores, ou todos ou ninguen ,pero facer un desprecio tal non e de personas de ben.Sinto moito se o meu comentario non gusta aos directivos da orquestra, pero JOSE LUIS tamen e parte de FOLIADA lles guste ou non. Saudos e Felices Festas.
    Manuel

  2. Ola Manuel, moitas grazas polo teu comentario.

    Quero aclarar que a orquestra FOLIADA non ten nada que ver con esta entrada no blog e do contido que nel aparece só son eu responsable. Non foi a miña intención desprezar a ninguén, simplemente mencionei algunhas das últimas cantantes que pasaron pola orquestra por que nas cantantes foi onde houbo máis cambios nas últimas temporadas. Non creo que ninguén negue que o vocalista que saíu en 2009 de FOLIADA é unha parte importante da historia da orquestra estes últimos anos e por suposto que o novo cantante ten o listón moi alto. Un saúdo!!!

Deixa una resposta a MANUEL Cancelar resposta


*