Patricia substitúe a Patricia

0
520

patricia-crespo-foto1

Patricia Crespo en Galilea 2008

A cantante Patricia Crespo é a substituta de Patricia Iglesias na orquestra COMPOSTELA. A ex GALILEA 2008 encárgase de suplir na orquestra a cantante da COMPOSTELA que gozará de baixa de maternidade durante un tempo.

Así, xunto con Ana Iglesias, Jonathan Tortolero e o incombustible Tito Fuentes, na dianteira seguirá habendo unha Patricia, aínda que non será a que estamos acostumados a ver.

Patricia Crespo xa ten ás súas costas 12 anos de traballo en formacións como OCÉANO, NUEVA MODA ou a última na que estivo en 2008, a orquestra GALILEA da Estrada. En 2009 a cantante tomou un descanso e agora volve durante uns meses a formar parte da orquestra COMPOSTELA.

Patricia Iglesias (Orquesta Compostela 2008)Patricia Iglesias causa baixa temporal por maternidade na orquestra Compostela / foto © roxegar

Sen comentarios

  1. Desde Festa a Festa tamén lle desexamos a Patricia Iglesias todo o mellor nesta nova etapa da súa vida.
    E a Patricia Crespo moita sorte nesta nova andaina musical. Vémonos nas festas!!!!

Deixa una resposta a roxegar Cancelar resposta


*