Novas voces femininas para Panorama 2010

0
827

orquesta-panorama-2010-lydia-salar-fotoLydia Salar, nova voz da orquestra Panorama para a temporada 2010. Foto tomada do MySpace da cantante

orquesta-panorama-2010-esther-alarcon-fotoEsther Alarcón é a outra nova voz de Panorama 2010. Foto tomada da galería fotográfica da web da orquestra Costa Oeste, de onde procede a cantante

Finalmente son baixa as dúas cantantes actuais da orquestra PANORAMA. Xa hai certo tempo que se sabía que Irene Iglesias non continuaría na orquestra para 2010 e foi unha das fichaxes estrela para a orquestra MARBELLA LIGHTS SHOW. O caso de Diana Cea é distinto. Aos rumores de que marchaba por un lado ou quedaba, polo outro, a orquestra comunicou que non había nada definitivo e que dependía da propia cantante a decisión final. E a decisión final xa está aquí. Fontes moi fiables e moi próximas á orquestra confirmaron a Festa a Festa a baixa de Diana Cea.

Serán as cantantes Esther Alarcón e Lydia Salar as novas voces para a orquestra PANORAMA 2010. Esther procede da orquestra COSTA OESTE e xa se dixo desde esta formación musical que a cantante causaba baixa e sería a nova voz de PANORAMA. Lydia Salar, que procede do grupo LA HUELLA de Castela e León será a segunda nova voz. Na súa páxina web oficial tamén se comentou que era a nova fichaxe da orquestra Panorama, “una de las mejores de España” segundo esta web.

Hai certa expectación por parte do público ante as fichaxes femininas de PANORAMA, sobre todo no que concirne a Lydia Salar, posto que a traxectoria de Esther en COSTA OESTE durante esta temporada non é descoñecida. Lydia é valenciana e procede dunha formación musical de Castela e León, polo que en Galicia nada sabemos do seu traballo a non ser por algúns vídeos de YouTube. Ademais de ser vocalista de LA HUELLA, Lydia colaborou con outros artistas e mesmo actuou como vocalista con SANTA FE no programa de TVE para elixir grupo representante no festival de Eurovisión.

Desexámoslles a Lydia e Esther moita sorte na súa nova traxectoria na orquestra PANORAMA, a Irene en MARBELLA e a Diana na nova etapa que decida tomar.

Sen comentarios

  1. Como fan de Panorama desde hay 10 anos….non estou dacordo con estas fichaxes…..Esther creo que non ten o nivel que fai falta para Panorama e sobre Lidia non podo decir nada porque nunca a vin nin a coñezo. Todos sabemos o que significou Diana Cea para Panorama todos os anos que estivo enriba do escenario e eu como fan e admiradora non solo da sua voz sinon do seu corazon porque e inmensamente grande decirlle que sempre estara presente e darlle as Gracias porque sen ela moitas cousas serian imposibles. A nosa Ireniña desexarlle sorte ala a seguiremos pola Marbella e decir que e unha pena que se deixe escapar. Non sei o que pasa ultimamente na direccion da Orquesta. Solo esperemos que no lamenten. Gracias Roxe

  2. Eu como fan da orquestra Panorama desde hai 11 anos estou en total desacordo coas fichaxes só por unha cuestión que considero importante: ningunha das dúas cantantes é galega. Que pasa señores de Panorama, que non hai voces en Galicia para sustituir a Irene e Diana? Creo que é difícil porque son as mellores pero en todo caso, non lles gusta ningunha das moitas cantantes galegas de orquestra? Marta Valiño de Olympus, Genma Lareo de París de Noia, Vanessa Fernández de Jocker, Alma Beatriz de Satélites, Fátima Pego de Suavecito, Ana Iglesias da Compostela, Beatriz de Trovadores, Cristina Souto de Abanico, Natalia Méndez de Philadelphia… podemos seguir así ata 30 ou 40 máis. Que pinta unha valenciana en Panorama? Terán que aprenderse de memoria a rianxeira? Vaime doer moito ver a mellor orquesta de Galicia derrumbándose en 2010. Arriba Marbella y Philadelphia!!!!!

  3. Diana non te marches!!! Se hay algunha posibilidad de quedar por favor pénsao. A mellor voz de Galicia non nos pode deixar. Arriba a Panorama con DIANA!!!!

    • Ola a tod@s. Moitas grazas polas vosas opinións. Para os que somos seguidores de Diana Cea vai ser unha gran perda, iso sen dúbida. Panorama non será igual, terémonos que acostumar como xa ocorreu hai 4 anos. Será unha Panorama diferente, mellor ou peor iso terémolo que valorar máis adiante, non credes? Saúdos e moitas grazas por participardes en Festa a Festa.

  4. Si Roxee pero ai que recordar o que lle pasou a Panorama cando Diana Cea se foi e que lle pasou cando volveu….Irene e Sonia eran moi boas pero ela sempre estivo nos nosos corazons..eu non digo que non haya cambios ten que habelos non vamos ter ai arriba 100 anos a mesma xente, eu solo opino que creo que non se lles valorou como merecian….Diana cea doulle moito a Panorama e eso sabemolo todos…asique eu unome a peticion de arriba desa entrvista jejeje vaste cansar de min que mira que son pesadiña jajajaja. Un saludo

Deixa una resposta a Marcos Cancelar resposta


*