O Samaín, tradición galega

0
1207

cedeira-samain-2009-cartel

O Samaín, e o comezo do novo ano celta, ten lugar 40 días despois do equinocio de outono, é dicir, entre o 31 de outubro e o 1 de novembro. Nestes días os nosos antergos lembraban os seus antepasados, ademais tiñan a crenza de que nestes días desaparecía o veo ou cúpula que separaba o mundo terreal do espiritual, polo que resultaba máis doado comunicarse cos espíritos. Era a época na que as tribos se recollían nos castros para pasar o inverno, os celtas adoitaban levar as cabezas dos seus inimigos e depositalas nos muros dos castros para lle dar protección ao castro e nas noites do samaín iluminábanas con fachos para manter o lugar protexido de visitas perturbadoras.

Co abandono dos castros, abandonouse tamén o culto das cabezas decapitadas, pero non así o sentido desta celebración e cambiáronse as cabezas por cabazas, que aínda se manteñen nos nosos dias por algúns lugares de Galicia.

O SAMAÍN EN CEDEIRA

Chega unha das celebracións máis antergas de Cedeira: O Samaín. A piques de rematar o outono os celtas celebraban o paso ao inverno coa súa mítica festividadee. Os actos xa comezaron o pasado xoves coa proxección da cinta La Novia Cadáver, no auditorio, e o venres no paseo do Pinzón, co tradicional Fiadeiro de Castañas e Obradoiro de Caliveras.

cartel Samaín 2009

Pero o día grande é hoxe sábado, co concurso exposición de cabazas a partir das 17:00 horas, xincana con visita á Casa das Ánimas, obradoiros de maquillaxe e a “Merendola de Outono”, coa súa “bola de azucre e requeixo”, un auténtico clásico da cita. Ao final do día, sobre as 20:30 horas, as criaturas da noite percorrerán as rúas con todas as luces apagadas no Pasarrúas das Pantasmas, que sairá da Praza do Peixe e percorrerá o Paseo.

Sen comentarios

Deixa una resposta a cheyenne Cancelar resposta


*