Panorama e Olympus en Aios (Sanxenxo) e Saiar (Caldas)

0
2532

orquesta-panorama-2009-cartel4

VENRES 16: PANORAMA E OLYMPUS EN AIOS (SANXENXO)

SÁBADO 17: PANORAMA E OLYMPUS EN SAIAR (CALDAS DE REIS)

As orquestras PANORAMA e OLYMPUS serán as encargadas de amenizar este venres as festas de Aios, no concello de Sanxenxo. Hai grande espectación entre a xuventude da zona (Aios, Pontes, Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga…) por ver xuntas as que consideran mellores orquestras de Galicia.

Pero desta volta a PANORAMA xoga con vantaxe. A maioría da xuventude á que se lle preguntou decántase pola orquestra PANORAMA, por que é unha formación musical da zona, por que moitos compoñentes son do Grove ou viven alí e porque Lito (un dos cantantes e o responsable da orquestra) tocará coa súa orquestra case na aldea onde naceu. Pódese dicir que a formación musical toca na casa porque a gran maioría de músicos son da zona e algúns deles do concello de Sanxenxo.

Con todo saben que a OLYMPUS é un rival moi forte e a festa, que comezará ás 22.30 horas, está garantida por parte das dúas orquestras.

Pero por se alguén quere ver o duelo entre dúas das grandes e non pode acudir a Aios, ten outra cita o día seguinte en Saiar, Caldas de Reis, onde as dúas orquestras volverán a verse as caras, tamén a partir das 22.30 horas. Na localidade de Saiar celebran as festas do perpetuo socorro, e como se ve, cun cartel de primeira.

afiche-olympus-20092

Sen comentarios

Deixa una resposta a roxegar Cancelar resposta


*