Fotografías da orquestra Mallo cedidas pola formación musical. Podes clicar nas imaxes para velas a maior tamaño
A orquestra coruñesa MALLO estará o vindeiro xoves a partir das dúas da mañá no programa insignia das noites da Radio Galega Pensando en ti presentado agora pola xornalista Viti González. A este veterano programa adoitan acudir as formacións musicais para falar cos oíntes, presentar discos, galas, etc… xa desde a etapa de Marcial Mouzo. Incluso na etapa Mouzo había unha festa anual no Aquapark de Cerceda con orquestras de renome.
Esta vez tócalle á orquestra coruñesa MALLO. Varios dos integrantes acudirán ao programa para falar da formación musical, a súa historia, as anécdotas e como non, para atender as chamadas da audiencia nocturna.
O xoves día 8, se non podes ou non queres durmir, a orquestra MALLO estará Pensando en Ti.
Podes atopar máis información sobre a orquestra nos seguintes enderezos: http://www.orquestamallo.com
http://orquestamallo.blogspot.com/