A Laracha celebra os Milagres por partida dobre

0
388

a-laracha-erboedo-2009-cartel

a-laracha-caion-2009-cartelO concello coruñés da Laracha toma moi en serio a celebración dos Milagres. Non hai máis proba que a convocatoria de festa en dúas parroquias da contorna: Caión e Erboedo.

Os Milagres de Caión gozan de moita sona e tradición dentro e fóra do concello, por iso en Erboedo queren atraer o maior número posible de festeiros para as súas festas, e para iso contan para abrir as celebracións cunha das orquestras máis demandadas de Galicia: a PANORAMA (venres) xunto con outra orquestra. O sábado está prevista a actuación doutra formación que arrasa: CICLÓN, que actuará xunto coa formación CHICAS SHOW. Para o último día das festas contarase co grupo CHICAGO.

En Caión as verbenas comezarán o domingo, da man dunha das grandes: MARBELLA LIGHTS SHOW. O luns pasarán pola pequena vila as Cantareiras de Ardebullo e a orquestra FANIA BLANCO SHOW. O martes día 8 (propio día dos Milagres) actuará a orquestra ALARMA e o mércores haberá un final de festas da man da orquestra NOVA PALMA de Corcubión. Esta orquestra é asidua a Caión porque repite practicamente ano tras ano, de seguro que ten os seus bos seguidores de sempre.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*