Comezan os rumores e baixas nas orquestras para 2010

0
616

PRIMEIRAS BAIXAS NAS ORQUESTRAS PARA A TEMPORADA 2010

orquesta-jerusalen-2009-foto-leshkaorquesta-jerusalen-2009-foto-melo3Leshka e Melo, cantante e percusionista da orquestra Jerusalén respectivamente, as dúas primeiras baixas confirmadas para a próxima temporada

Parece que cada ano se empeza antes a rumorear sobre quen marcha e quen queda en cada unha das orquestras que amenizan as festas por Galicia adiante. Fálase de grandes cambios en OLYMPUS, desbandada en MARBELLA, non sei cantos en PARÍS DE NOIA, as dúas vocalistas e toda a sección de metais en PANORAMA, varios cambios en VERSALLES ou LOS PRÍNCIPES entre moitísimas outras, renovación total en ODEÓN, etc…

Polo momento son case todos rumores, moitos deles infundados, como cada ano. En Festa a Festa só imos informar daqueles cambios, marchas ou fichaxes que as propias orquestras confirmen. E polo de agora aínda é cedo para isto.

O único confirmado vén, polo momento, da man de dúas orquestras: OLYMPUS e JERUSALÉN.

Peke, o encargado e cantante da orquestra OLYMPUS, sae ao paso de tantos rumores que afectan a esta orquestra e di que “haberá cambios como todos os anos pero OLYMPUS non desaparece nin moito menos”.

Pola súa parte, Jorge, encargado e cantante de JERUSALÉN si que confirma a marcha de Melo Suárez (percusionista) e Leshka Meléndez (cantante), o primeiro para descansar e a segunda porque deixa esta profesión.

As dúas marchas de JERUSALÉN son as primeiras confirmadas por boa fonte para a vindeira temporada. Pero quedan por confirmar moitos cambios nas orquestras para o próximo ano, aínda que esperemos que non tantos como se rumorea porque senón algunha orquestra quedaría, como se di vulgarmente, “en pelota picada”.

Sen comentarios

Deixa una resposta a roxegar Cancelar resposta


*