Últimas citas verbeneiras de María Pita 2009

0
175

orquesta-super-combo-2009-cartel

A orquestra Súper Combo amenizará na Coruña unha das tres últimas verbenas das festas de María Pita 2009

As festas do verán da cidade da Coruña chegan á súa fin. Este domingo báixase o pano do escenario ata o ano que vén. Tres citas hai para estes días de despedida. A actuación de tres orquestras en distintos puntos da cidade é o preámbulo do “ata o vindeiro ano”.

XOVES, 27 DE AGOSTO: SUPER COMBO NA SAGRADA FAMILIA

VENRES, 28 DE AGOSTO: COMBO DOMINICANO NA PRAZA DA TOLERANCIA

DOMINGO, 30 DE AGOSTO: MARBELLA LIGHTS SHOW NO PARQUE DE SANTA MARGARIDA

XOVES 27

A orquestra ourensá SUPER COMBO chega ao barrio da Sagrada Familia, concretamente a actuación será na denominada “pista verde”, entre as rúas Sargento Provisional e Travesía de Fátima. A partir das 22:30 horas.

VENRES 28

A orquestra canaria COMBO DOMINICANO amenizará a verbena prevista na praza da Tolerancia (tamén coñecida como praza de Náutica), en fronte ao conservatorio, en Labañou-Cidade Escolar. A partir das 22:30 horas.

DOMINGO 30

Segundo día da romaría de Santa Margarida e derradeiro día das festas de María Pita. A orquestra TUMBALOBOS actuará pola tarde no auditorio do parque. Ás 22:30 cerrará as festas deste ano a orquestra MARBELLA LIGHTS SHOW e unha sesión de fogos artificiais no descanso.

Ata o día de hoxe e a falta das tres últimas verbenas, pasaron polas festas de agosto da cidade coruñesa as orquestras: LOS SATÉLITES, LOS TROVADORES, PASSARELA, ARMONÍA SHOW, MAQUINARIA BAND, LOS PRÍNCIPES e OLYMPUS.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*