Peregrina de Pontevedra 2009, unhas festas de segunda?

0
632

pontevedra-peregrina-2009-cartel-2

Vai avanzando como cada ano por estas datas o programa das Festas da Peregrina 2009, as máis grandes de Pontevedra. Aínda que iso de “máis grandes” é discutible para moitos.

Algunhas persoas quéixanse de que o programa de Pontevedra non está ao nivel esperado falando desde o punto de vista das orquestras contratadas. Só hai algunhas que sexan coñecidas, outras teñen pouca calidade e mesmo as hai que van secuenciadas. Hai xente que bota en falta orquestras de renome nas festas da cidade.

Como pode ser que concellos máis pequenos como Rianxo, Arteixo, Betanzos ou Ribeira contraten orquestras máis importantes que Pontevedra?

Se facemos unha análise das formacións orquestrais que actuaron en Arteixo ou Ribeira hai apenas dúas semanas, ou as que están programadas para a Guadalupe de Rianxo, non podemos facer comparación posible na que quede ben a cidade de Pontevedra porque aqueloutros tres sitios gañan por goleada. Tamén por Betanzos pasarán orquestras moi importantes algúns días da festa.
Claro está que en Pontevedra tamén hai concertos na praza da Ferraría e na Guadalupe rianxeira non os hai, ou en Ribeira e Arteixo son máis reducidos (en Arteixo RAÚL e EVA CARRERAS, en Ribeira LUAR NA LUBRE, RUXE RUXE, OGMIOS e MANOLITO BROTHERS). Por Betanzos pasarán CARLOS BAUTE, MILLADOIRO E BRATH. Por Pontevedra están pasando estes días: AMAIA MONTERO, MACACO, RAPHAEL, MALVELA, TREIXADURA, BERROGÜETTO e VETUSTA MORLA.

Pois aquí vai a comparativa das orquestras nos cinco concellos:

ARTEIXO (30.000 habitantes):
PANORAMA, PANAMÁ, NUEVA GENERACIÓN, CICLÓN, PARÍS DE NOIA.

BETANZOS (14.000 habitantes):
ALARMA, TAMBO, MARBELLA LIGHTS SHOW, NUEVA GENERACIÓN, CIBELES, PANORAMA, PARÍS DE NOIA, NOVA IMPERIAL, TEKILA.

RIBEIRA (28.000 habitantes):
PANORAMA, SINTONÍA DE VIGO, LOS SATÉLITES, LOS TROVADORES, SALSA ROSA, SAMBA, LA OCA, PHILADELPHIA.

RIANXO (12.000 habitantes):
LA BÁMBOLA, TEKILA, CASABLANCA, NUEVA GENERACIÓN, MANILA, ABANICO, GRAN PARADA, MAGOS DE ESPAÑA, BLUESTAR, OLYMPUS, SUAVECITO, PANORAMA, OCÉANO, COSTA OESTE, CHARLESTON BIG BAND.

PONTEVEDRA (81.000 habitantes):
CALIBRE, D’MOMENTO, JALEA REAL, NOVO MILENIO, ANDURIÑA, ATALAYA, NARANJA, ALABAMA, DISTRITO 7, FORMAS, AZÚCAR, AÑORANZA, COLORES.

Algunhas formacións que van a Pontevedra non son orquestras nin grupos musicais típicos de festas (entre 6 e 8 músicos e cantantes) senón cuartetos, que poden estar ben como complemento a unha orquestra, isto é, contratar a unha orquestra e a unha formación máis pequena como segunda opción. Custa crer que en Pontevedra non poidan botar man de formacións musicais de primeira fila para combinar con estoutras. Algunhas destas son orquestras coñecidas (ALABAMA, ANDURIÑA, NARANJA…) pero outras son formacións de catro persoas tocando nun palco.

Quen ten a última palabra é sempre o usuario. Así que xulguen vostedes mesmos.

Programa completo das Festas da Peregrina 2009 de Pontevedra.

Sen comentarios

  1. A verdade e que en pontevedra deverian de alternar un pouco as orquestas, poñer unha orquesta de nombre e un grupo cos seus correspondentes escenarios moviles, ainda que en pontevedra está todo levantado por canta esquina hai, e polo menos este ano era imposible levar un escenario movil, e a maioria dos que foron este ano son duos ou trios como son calibre, distrito 7, formas, colores, con figurantes para apararentar mais e quitarlle o traballo o verdadeiro musico.
    esperemos que po ano melloren un pouco isto e poidan ir as orquestas cos escenarios que tamen fan un ambiente mais festeiro e bonito.

Deixa una resposta a Carlos Cancelar resposta


*