Este é o título do novo programa da TVG dedicado ás orquestras. Mañá venres día 07 de agosto estréase o novo espazo dedicado a este mundo da verbena. Quen toca? comezará ás 21.30 horas e será levado por dous profesionais das orquestras como son Belén Xestal (ex cantante da orquestra CHARLESTON BIG BAND de Padrón e tamén ex presentadora do famoso programa da cadea pública autonómica Supermartes) e Alberto Dopico (un dos actuais cantantes e responsable da orquestra CINEMA).
Iso si, o programa só constará de tres entregas, que serán emitidas os venres día 7, 21 e 28 de agosto (o venres 14 non haberá programa) e aínda que primará a música de seis orquestras (dúas por programa) tamén haberá outras seccións como entrevistas, un concurso de baile, etc…
Na primeira emisión do programa estarán as orquestras PANORAMA e COSTA OESTE. Na segunda entrega, PARÍS DE NOIA e CHARLESTON BIG BAND, e no último venres, as orquestras OLYMPUS e PHILADELPHIA.
Quen toca? foi gravado na discoteca LP 45 de Ordes hai uns meses. Alí puideron estar presentes os seguidores das seis formacións musicais que actuarán no novo programa e que non podemos perder.
Tes un erro… Na segunda emisión estarán París de Noia e Charleston Big Band e na terceira philadelphia e Olympus. Un saudo!
Ola Noelia, tes razón. De onde o copiei viña mal pero consultando as webs das orquestras a orde é París con Charleston e Phila con Olympus. Moitas grazas e xa está corrixido.