O Apóstolo compostelán comeza sen as atraccións da Alameda

0
814

santiago-de-compostela-apostolo-2009-cabeceiraAs festas grandes de Compostela xa empezaron o pasado venres co pregón a cargo de Rober Bodegas e o concerto de Nuria Fergó. Aínda que a xente que pase pola Alameda santiaguesa non verá as atraccións de feira porque aínda non chegaron para instalarse nas festas da capital galega.

O concelleiro de festas dixo que as atraccións de feira non chegaron aínda a Compostela “porque están nas festas da Dorna de Ribeira”. A isto hai que contestarlle ao señor concelleiro que iso non é verdade. Quen lle deu esa información non manexa datos rigorosos porque nas festas da Dorna de Ribeira non se instalan atraccións de feira, é máis, moitas das atraccións do Apóstolo marchan incluso días antes de rematar as festas compostelás para instalarse en Ribeira pero para as Festas do Verán, que comezan este ano o 29 de xullo. O recinto de atraccións ribeirense das festas do verán, que non da Dorna, é dos máis importantes de Galicia.

Desde a concellería de Festas afirman que as atraccións comezarán a instalarse en Compostela o luns 20 (con días de atraso respecto do comezo das festas) e serán as mesmas que se instalaron nas festas da Ascensión, incluída a noria xigante. Contando con que a noria Sánchez ocupa varias xornadas na montaxe, poucos días vai estar na capital galega.

Pero atraccións á parte, o certo é que as festas compostelás xa comezaron e proseguen durante toda esta semana e parte da que vén. Concertos gratuítos, verbenas na alameda e moitas actividades lúdicas para completar o programa do Apóstolo 2009 é o que nos ofrecen este ano as celebracións compostelás que serán clausuradas o día 31 cun concerto de FANGORIA na praza da Quintana e Liridade Noctámbula no Toural.

En canto ás orquestras que amenizarán as verbenas da Alameda serán a COMPOSTELA (día 23), LOS SATÉLITES (día 24), TANGO (día 25) e SUAVECITO ORQUESTA para o cerre do día 31.

Luns 20

18.00 a 21.00 h. Ferradura Aberta, na Alameda

20.30 h. Zona Fitness, cos irmáns Expósito, Jessica e José (profesores de fitness no programa Operación Triunfo e creadores do método Batuka)

Praza da Quintana

Entrada libre

20.30 h. Espíritu Latino, no Paseo Central da Alameda

Martes 21

18.00 a 21.00 h. Ferradura Aberta, na Alameda

20.30 ata as 3.00 h. Espíritu Latino, no Paseo Central da Alameda

23.30 h. Música no Toural. Quique Azambuya Trío (jazz)


Mércores 22

18.00 a 21.00 h. Ferradura Aberta, na Alameda

20.30 ata as 3.00 h. Espíritu Latino, no Paseo Central da Alameda

22.30 h. Compostela Festival: Louisiana Gospell Choir
Solista: Bridget A. Bazile. A TRIBUTE TO New Orleáns
Cadeira: 5 euros. De pé. 3 euros

Praza da Quintana


Xoves 23

18.00 a 21.00 h. Ferradura Aberta, na Alameda

19.30 h. Concerto Banda Municipal de Música

Rúa do Vilar

22.30 h. Orquestras na Alameda: Orquestra Compostela
23.00 h. Compostela Festival: Ojos de Brujo Anticipada: 5 euros.
En taquilla: 8 euros.

Praza da Quintana

00.30 h. Música no Toural. Brasukas (Brasil) e D’La Habana (Cuba)


Venres 24

12.00 h. Encontro de xigantes e cabezudos de Santiago na Praza da Quintana
Sesión de pirotecnia entre o Cabildo e o Concello
Animación de rúa
Grupos de gaiteiros

22.30 h. Orquestras na Alameda: Orquestra Los Satélites23.30 h. Espectáculo extraordinario de luz e son
Queima da fachada gótica Pirotecnia: Parente Fireworks
(Consorcio da Cidade de Santiago)

Praza do Obradoiro

00.00 h. Compostela Festival: Roy Paci & Aretuska (Italia)

Praza da Quintana

Entrada libre

00.30 h. Música no Toural. La Caja de Pandora


Sábado 25

Día do Apóstolo 10.00 h. Procesión do Padroado do Apóstolo Santiago Ofrenda Nacional ó Apóstolo na S.A.M.I. catedral

12.30 h. Pasarrúas: Cabezudos
Grupos de gaiteiros

13.00 h. Animación de rúa. Grupos de gaiteiros

19.00 h. Concurso de traxes de época e automóbiles antigos.

Praza das Praterías

Conmemoración Centenario Exposición Rexional de 1909 19.30 h. Grupo de metais Santa Cecilia interpretando pezas da época

Palco de música da Alameda

20.30 h. Presentación da carpacabaré
Pregón inaugural a cargo de Nelson Quinteiro e a compañía Femme Fatale e a Banda St. James Street Band

Carpa da Alameda

20.45 h. Desfile da Conmemoración da Exposición Rexional de 1909 Animación, figuración, música, carrozas…

Paseo da Ferradura

22.30 h. Orquestras na Alameda: Orquestra Tango23.00 h. Compostela Festival: Gaiteiros de Lisboa e Pepe Vaamonde Grupo

Praza da Quintana

Entrada libre23.00 h. Apertura da carpacabaré. Gala do cabaré

Carpa da Alameda

00.30 h. Cabaré musical: Lilí Berlín a cargo de Branca Cendán Cía

Carpa da Alameda


Domingo 26

XXXI Día do Traxe 11.30 h. Concentración de persoas ataviadas con traxes tradicionais galegos.

Na Alameda

12.15 h. Desfile polas rúas da zona monumental ata a Praza do Obradoiro

13.00 h. Misa solemne e ofrenda anual ao Apóstolo

14.00 h. Recepción de honra no Concello de Santiago

16.00 h. Concentración de participantes no certame de traxes

San Domingos de Bonaval

19.30 h. Desfile de traxes tradicionais desde Bonaval ata a Quintana

20.00 h. Exhibición e concurso de traxes na Quintana. A continuación entrega de premios.

Das 9.00 ás 16.30 h. I Concurso “Canteiros no Obradoiro” (Consorcio da Cidade de Santiago e Fundación Laboral de la Construcción). Ás 18.00 h. Acto de entrega de premios.

Praza do Obradoiro

13.00 h. Exposición de automóbiles antigos.

Praza do Obradoiro

23.00 h. Kerkennai en concerto (música folc)

Praza da Quintana

Entrada libre

23.00 h. Apertura da carpacabaré: Carpa da Alameda

00.30 h. Espectáculo de escapismo: A vida tola a cargo da compañía Pajarito

Carpa da Alameda

01.30 h. Música ao Vivo: concerto de blues a cargo da banda Micky Nervio & The Bluesmarkers

Carpa da Alameda


Luns 27

23.00 h. Compostela Festival: Diego El Cigala: Dos Lágrimas Cadeira: 20 euros
De pé: 17 euros

Praza da Quintana

23.00 h. Apertura da carpacabaré: Carpa da Alameda

23.30 h. Espectáculo de malabares: Montagema cargo da compañía Assircópatas

Carpa da Alameda

00.30 h. Espectáculo acrobático: Circanelo a cargo da compañía Alfredo Pérez Muíño

Carpa da Alameda

01.30 h. Música ao vivo: Concerto de swing a cargo da orquestra Miñor Swing

Carpa da Alameda


Martes 28

23.00 h. Compostela Festival: Sara Baras presenta: Juana V Centenario, Juana La Loca Prezos: Cadeira, 20 euros. De pé 15 euros

Praza da Quintana

23.00 h. Apertura da carpacabaré
Compañía Femme Fatale: Ronda poética/Batallón literario

Carpa da Alameda

00.00 h. Espectáculo Casei cun vampiro a cargo da compañía Familia Crowley

Carpa da Alameda

00.30 h. Música ao vivo a cargo da orquestra Desvarietés e o seu espectáculo Cosmopolitan Cabarets

Carpa da Alameda

23.30 h. Música no Toural. La Banda del Yofi (Cuba)


Mércores 29

Día de Padrón en Santiago22.30 h. Compostela Festival: Macaco en concerto
Anticipada: 5 euros, en taquilla: 8 euros

Praza da Quintana

23.00 h. Música no Toural. Proyecto Cumaco (fusión latina-jazz)


Xoves 30

19.30 h. Concerto da Banda Municipal de Música

Rúa do Vilar

22.30 h. Black Stones. Tributo anos 70

Praza da Quintana

00.00 h. Explosión pop dos anos 80
Julián Hernández (Siniestro Total)
Iñaki Fernández (Glutamato ye-yé)
Josele Santiago (Los Enemigos)
Javier Andreu (La Frontera)
German Coppini (Golpes Bajos)

Praza da Quintana

Entrada libre

1.00 h. Música no Toural. Klezmatics (New York, música klezmer)


Venres 31

XXXI Homenaxe ás Bandas Populares (Programa especial)

13.00 h. Animación de rúa. Grupos de gaiteiros

22.15 h. Concerto. Gañadores do II Certame de música xove
The Weak Force Frab Fly Tramaturgia

Praza Roxa

(Concellaría de Xuventude)

23.15 h. Orquestras na Alameda: Orquestra Suavecito
23.00 h. Fogos fin de festa

Escalinata do Campus Universitario

23.30 h. La Banda de Nash

Praza da Quintana

00.00 h. Fangoria en concerto

Praza da Quintana

Entrada libre

00.30 h. Música no Toural. Liridade Noctámbula
1.30 h. Son Tres (Música latina)

San Paio de Antealtares

Sen comentarios

  1. Pois andan un pouco despistados os do Concello de Santiago, tendo en conta que algunhas das atraccións da Alameda aínda hoxe están nas Festas de Bouzas, e teñen que desmontar esta noite se queren estar mañá montando na Alameda.

    En canto á Noria Sánchez, a que vai en verán a Santiago é a pequena, a grande está sendo desmontada en Xixón, e no caso de que fose á Alameda, non tería tenpo a funcionar, xa que tarda sobre unha semana en ser instalada.

    Que recoñeza o concelleiro que as atraccións prefiren estar noutras festas, as festas realmente rentables en Santiago son as da Ascensión, grazas ós estudantes.

  2. Ola Foliada. Estou totalmente de acordo contigo. Algo pasa coas festas do Apóstolo cando as atraccións chegan tarde e marchan antes de rematar.
    Se a cousa é como todos estes anos, algunhas das atraccións do Apóstolo en Santiago van para Ribeira (Festas do Verán) e este ano comezan o 29 de xullo. Contando con que o Apóstolo remata o 31 e aínda non están montadas, pouco tempo van permanecer en Santiago.
    Por exemplo, que controle eu, o “Saltamontes” vén de Bouzas para Santiago e de aí marcha “escopetado” para Ribeira. En Ribeira está desde o primeiro día, polo que hai anos que marcha de Santiago antes de rematar a festa. Máis da metade das atraccións de Santiago van para Ribeira e de elixir entre marchar antes de Compostela ou chegar tarde á Centenaria elixen o primeiro, o que demostra que as festas que se solapan co Apóstolo (Bouzas e Ribeira) son máis atractivas para os feirantes.
    Saúdos

Deixa una resposta a roxegar Cancelar resposta


*