Adianto das festas do Apóstolo en Santiago

0
719

fangoria-20091

O grupo Fangoria actuará nas festas do Apóstolo 2009 de Santiago presentando o seu disco “Absolutamente”

As festas da capital galega por excelencia darán comezo o día 17 de xullo e prolongaranse ata o día 31. A programación musical é moi variada e as actividades lúdicas tamén son numerosas. As atraccións de feira volven ao alto da carballeira de Santa Susana.

Os días 24 e 31 haberá sesións de fogos de artificio a cargo dunha empresa italiana especialista en manipular pólvora en zonas históricas.

En canto ao programa musical, a Praza do Toural acollerá actuacións para todos os gustos, deixando espazo para a música tradicional galega, o jazz, os ritmos latinos, ou o pop, entre outros.

– Sábado 18, actuará o grupo do gaiteiro Pablo Seoane (24:00 horas).

– Domingo 19, amenizarán a noite o grupo tradicional Ultreia (24:00 horas).

– Martes 21, actuación de Quique Azambuya Trío, o uruguaio coñecido como Jazzman (23:30 horas).

– Xoves 23, o grupo brasileiro Basukas e o cubano D’ La Habana volverán a surmerxir ao público nos ritmos latinos (24:30 horas).

– Venres 24, serán os barceloneses de La Caja de Pandora os encargados de amenizar a festa (24:30 horas).

– Martes 28, actuación do grupo cubano La Banda de Yofi (23:30 horas).

– Mércores 29, Proyecto Cumaco fusionarán o jazz cos ritmos latinos (23:00).

– Xoves 30, os neoiorquinos Klezmatics, farán bailar aos presentes ao ritmo do klezmer, a música dos xudíos askenazíes de Europa Oriental (01:00 horas).

– Venres 31, os gañadores do primeiro festival de Música Xove, Liridade Noctámbula, pecharán a xolda no Toural (24:30).

As Festas do Apóstolo incluirán no seu programa unha significativa novidade para conmemorar o centenario da Exposición Rexional Galega, que inaugurou en Compostela o rei Alfonso XIII o 25 de xullo de 1909. As actividades terán un acto central o día de Santiago, pola tarde, na Alameda.

Ademais, no Apóstolo celebraranse outros grandes espectáculos musicais, a metade deles de carácter gratuíto, como os concertos de Nuria Fergó, Lousiana Gospell Choir, Ojos de Brujo, Roy Paci & Aretuska, Gaiteiros de Lisboa, Pepe Vaamonde Grupo, Diego El Cigala, Fangoria, Macaco ou Sara Baras, co seu espectáculo JUANA V CENTENARIO, JUANA LA LOCA.

E a novidade de Explosión Pop, que contará co mellor pop dos 80, con grupos e cantantes como Siniestro Total ou Josele Santiago, entre outros artistas.

E en canto ás verbenas, o día 24 actuará a orquestra LOS SATÉLITES na Alameda.

En breve publicaremos o programa completo das festas do Apóstolo 2009 en Compostela.

Sen comentarios

  1. Eu creo que cada ano que pasa as festas do Apostol son peores……….non sei que se opinara por aqui pero este ano deixan bastante que desear.

  2. Ola Judit.
    É a crise!!!!
    Hai baixón de calidade en case todos os sitios. Ou baixan o programa ou reducen días… é un síntoma da crise. Non hai tantos cartos e hai que administralos con máis coidado. Por exemplo en Arteixo, que todos os anos levaban dúas orquestras a maioría dos días, este ano vai unha soa orquestra por día. Noutros sitios reducen días e nalgunhas festas poñen orquestras máis baratas no lugar das que sempre soían ir…
    En fin, o caso é que haxa festas, que xa é todo un logro tal e como está a cousa.
    Saúdos!!!

Deixa una resposta a roxegar Cancelar resposta


*