Festas en Dorneda: máis variedade ca nun restaurante

0
381

orquesta-fania-blanco-show-2009-cartel1Cartel da orquestra FANIA BLANCO SHOW, que cerra o domingo as festas de Dorneda (Oleiros). Clica no cartel para velo a maior tamaño

A vindeira fin de semana son as festas de Dorneda, no concello de Oleiros. O cartel está deseñado para tres días de celebracións e chama a atención un aspecto que non ten nada que ver coas orquestras: a variedade gastronómica das tres xornadas festivas.

O venres terá lugar unha sardiñada e a actuación da orquestra  MONTES. O sábado levarase a cabo unha churrascada e a actuación da orquestra PONTEVEDRA e para rematar, o domingo, na sesión vermú haberá unha degustación de callos e xa pola noite nova cita gastronómica, esta vez co polbo e mais coa orquestra FANIA BLANCO SHOW.

Así que pode vostede elixir: sardiñas, churrasco e callos, e se queda con fame, métalle un bo polbo.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*