Despois do San Xoán chega o San Pedro

0
614

mino-san-pedro-2009-cartel

Dando os últimos coletazos as festas do San Xoán (nalgunhas localidades celébrase ata o domingo), comezan xa as festas do San Pedro en numerosas localidades galegas como Miño, Crendes (Abegondo), Muros, etc…

En Miño as celebracións das festas patronais, no centro da vila, dan comezo coa actuación da orquestra MILLENIUM hoxe venres. O sábado é o día da churrascada no parque municipal a partir das 21:00 horas e actuación nocturna da orquestra VENEZIA. Tamén ese día se levará a cabo no porto da localidade a tradicional CUCAÑA, ás 18:00 horas, con premios para os gañadores. O domingo e mais o luns actuarán as orquestras MONTES e MARBELLA LIGHTS SHOW respectivamente.

Outra festa con cartel de luxo é a de Mesón do Vento, no concello de Ordes, que comeza tamén hoxe venres cunha gran pulpada e a actuación das orquestras PARÍS DE NOIA e a canaria ARMONÍA SHOW, que como cada verán xa está de xira pola nosa terra.

Outras orquestras que pasarán polo Mesón do Vento serán FANIA BLANCO SHOW, CINEMA e a PANORAMA acompañada dun grupo musical no último día das festas, xornada na que tamén haberá churrascada.

meson-do-vento-san-pedro-2009-cartel

Podes consultar máis festas de San Pedro esta fin de semana no CALENDARIO do blog.

Queremos desde FESTA A FESTA dar as grazas a David Carro pola súa inestimable axuda. Grazas amigo!!!

Sen comentarios

Deixa una resposta a david carro Cancelar resposta


*