A festa máis multitudinaria e reivindicativa

0
581

manifestacion-pola-lingua-20090517nova

Fotografía cedida polo blog A profa para Festa a Festa.

A noria divisa grandiosa desde o alto da alameda de Santiago a multitude de festeiros, pero non son os da Ascensión, hoxe toca festa reivindicativa.

Milleiros de galegos e galegas botámonos ás rúas santiaguesas para reivindicar o dereito a vivirmos en galego. Un día de chuvia que non asustou a ninguén porque, como cantaban moitos hoxe en Compostela, “aínda que chove, o galego non encolle”. E vaia se nos mollamos. Mollámonos para que haxa mil primaveras máis para a nosa lingua, para que poidamos desenvolver o noso día a día con normalidade no idioma que queremos, para que o galego siga sendo o noso principal sinal de identidade… e seguirémonos mollando canto sexa necesario.

Pasadas as tres da tarde os berros reivindicativos dan paso ao son de pandeiretas e gaitas e a multitude comeza a desfacerse, cada quen marcha por onde veu e a noria permanece impasible no alto de Santa Susana… os próximos festeiros si serán os da Ascensión.

Queremos mil anos máis de festa para o galego!!!

Sen comentarios

  1. Mil anos máis de festa para o galego e de festa en galego…

    Millóns de grazas a todos os que vos mollastes por nós…

Deixa una resposta a Luis Castro Cancelar resposta


*