Miles de persoas acudiron á Romaría de Breamo

0
542

De éxito total cualifican os organizadores a romaría eumesa de Breamo celebrada o pasado venres. Desde o blog Pontedeume en festas infórmase deste xeito sobre a romaría:

“Cando xa pasaron 6 días da Romaría de Breamo e a resaca xa parece ter pasado, podemos dicir que outro ano máis Breamo foi un éxito.

Dese éxito todos somos partícipes, uns en organización e preparación entre os que poderiamos citar ao Concello (limpeza camiño e lugar da Romaría ou campañas en favor da limpeza) ou outros por non dicir os que máis, todos os que participamos da devandita festa integrándonos nesta, chegando a contabilizar os organizadores máis de 3.000 persoas no reducido espazo da Capela de Breamo.”

(pontedeumenfestas.blogspot.com)

Enlazamos cos vídeos da TVG emitidos no programa A Revista e colgados no mesmo blog de referencia.

Vídeos da romaría de Breamo

Parabéns polo éxito de convocatoria e agardamos ás próximas festas do concello de Pontedeume para informar puntualmente sobre elas.

Sen comentarios

  1. Foliada, moitas grazas polo teu comentario.

    Hoxe saíu o programa das Festas da Ascensión en Santiago. O luns poñeremos aquí toda a información e todos os enlaces, carteis, etc… así como o programa e cartel do festival Rock na Ascensión.

    Saúdos!!!

Deixa una resposta a roxegar Cancelar resposta


*